Bueu volverá ter 'Tapas 5 estrellas' con motivo do Festival Internacional de Curtametraxes
Por Redacción
O Concello de Bueu e a organización do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) comezaron a organizar a terceira edición da ruta 'Tapas 5 estrelas', que seguirá a mesma dinámica do ano pasado, aínda que con algúns pequenos cambios.
A concelleira de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, e director do FICBUEU, Manuel Pena, reuníronse este venres coa hostalaría da vila para abordar o asunto. O motivo de organizar esta reunión con tanta antelación é facilitar á hostalaría a súa participación, dado que no verán é moi complicado reunirse.
Tal e como xa se avanzou na xuntanza, na próxima semana sairá publicada na páxina web do Concello de Bueu as bases para participar cos prazos, para que os hostaleiros se apunten.
Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, leva nome de película.
As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 7 ao 15 de setembro.
Relacionadas:
-
Xoel López e De Vacas, atractivo musical para o FICBUEU
Por Redacción |
-
Un FIC Bueu de récord no que aumentan as curtas dirixidas por mulleres
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para que os locais se apunten á Ruta das Tapas 5 Estrelas
Por Redacción |
-
O FICBUEU promociónase no Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand
Por Redacción |
-
O FICBUEU abre o prazo para presentar curtas para a edición 2018
Por Redacción |
-
O FICBUEU invita a pasar o día máis curto do ano vendo curtametraxes
Por Redacción |
-
Bueu recibiu a 6.500 espectadores no Festival Internacional de Curtametraxes, que gañou a cinta grega 'Fox'
Por Redacción |