O novo informe non resolve, segundo o PSOE, o "escándalo" do concurso da auga
Por Redacción
O segundo informe de valoración das ofertas presentadas polas empresas ao concurso da auga constata, segundo os socialistas, o "escándalo" no que se converteu a licitación do novo contrato. Entenden que nel se manteñen numerosas "incoherencias".
O voceiro do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, reitera que a empresa contratada polo BNG para facer estas valoracións queda "descualificada" a tenor dos cambios que ela mesma fai ao seu propio informe.
"Da noite á mañá atopámonos con que se varían puntuacións con respecto ao primeiro informe e non só para corrixir erros aritméticos. Isto é inadmisible", denuncia Fernández.
Todo o proceso, engadiu, "é máis propio dun vodevil" que dun proceso de adxudicación dunha concesión tan importante e que se ten convertido, denuncian os socialistas, nunha "chapuza teledirixida".
Os socialistas seguen a botar de menos que se analice a funcionalidade e a aplicación práctica das propostas, xa que "parece que ofertando máis de todo xa é suficiente para gañar o concurso sen analizar outras variables".
Fernández reitera que o único que se consegue co método elixido pola asistencia técnica é, por un lado, "beneficiar a unha oferta en concreto" e por outro lado, "encarecer o custe do servizo que imos a pagar todos os pontevedreses".
Relacionadas:
-
O informe técnico cuestiona catro das dez ofertas presentadas ao concurso da auga
Por Alejandro Espiño |
-
Ofertas "a tope de power" no controvertido concurso da auga
Por Oskar Viéitez |
-
A mesa de contratación do servizo público da auga aproba o informe dos técnicos
Por Oskar Viéitez |
-
O 'plantón' de Marea impide á oposición reprobar o BNG polo contrato da auga
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A mesa de contratación do concurso da auga volverase a reunir o luns
Por Redacción |
-
O goberno local cre que a oposición "falta ao respecto aos técnicos municipais"
Por Redacción |