O PP reclama a apertura da cafetería e melloras no Pavillón de Deportes
Por Redacción
O Partido Popular, a través do concelleiro Tomás Abeigón, considera que o Pavillón Municipal dos Deportes ofreceu unha imaxe "lamentable" con motivo da celebración do Campionato de España Escolar e Cadete de Loitas Olímpicas. Denuncia que as instalacións non se atopan adaptadas ao público con diversidade funcional e que ademais continúa sen servizo de cafetería e vending.
Abeigón indica que se repite a situación que se sufriu durante o encontro entre a selección española de balonmán contra a de Arxentina no Pavillón. Durante ese encontro "preto de dous mil espectadores non puideron adquirir nin un bocadillo ou unha simple botella de auga", apuntan. Os populares indican que ao alcalde "non lle dá a gana de licitar este servizo", a pesar de que hai unha moción aprobada por maioría presentada polo PP para que se poña en marcha esta dependencia de cafetería.
A formación que lidera Jacobo Moreira reclama que de fronte ao 2 de abril cando se dispute o partido internacional de fútbol sala entre a selección española e a de Finlandia se adopten solucións para que non se repita esta situación.
Relacionadas:
-
O PP quere regular o uso das instalacións deportivas municipais
Por Oskar Viéitez |
-
O PP denuncia que se están a vender alimentos sen autorización no interior do Pavillón Municipal
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP reclama a licitación do servizo de cafetería no Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño |