Cubela, satisfeito polo superávit de 176.000 euros obtido no primeiro balance económico de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O balance económico de 2017 superouse con éxito no Concello de Cerdedo-Cotobade ao recoller un superávit de 176.479 euros. É o primeiro peche financeiro que se executa tras fusionarse os dous concellos.
O presidente Jorge Cubela indica que xa en 2016 realizando as liquidacións separadas ambos os Concellos alcanzaran superávits. No caso de Cotobade, a cifra ascendía a 344.000 euros mentres que en Cerdedo era de 149.000 euros.
Cubela entende que o informe dos servizos económicos demostra o bo manexo dos recursos públicos. O volume da débeda financeira atópase a cero e por tanto, Cerdedo-Cotobade atópase sen pasivo. No primeiro semestre de 2017 saldouse unha póliza de crédito de 160.000 euros por se era necesario adiantar fondos para plans de obras ou liñas de axuda en caso de atrasos no pago das distintas administracións.
Estes datos, indicou o presidente municipal, permitirá subir os investimentos e garantir as melloras en servizos públicos, á vez que se baixan os impostos. A liquidación das contas tamén, segundo o goberno local, cumpre co principio de estabilidade orzamentaria, mantendo o teito de gasto e os períodos de pago en prazo aos diferentes provedores.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade pecha o segundo orzamento despois da fusión cun superávit de 465.000 euros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade ultima un orzamento de cinco millóns de euros para 2019
Por Redacción |
-
Cotobade e Cerdedo pechan a súa última liquidación de contas por separado con 493.000 euros de superávit
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade liquida a súa última póliza de crédito e presume de débeda cero
Por Redacción |