Recyges prorroga un ano máis a xestión do servizo de recadación municipal en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A empresa Recyges seguirá explotando un a o servizo de recadación municipal e executiva do Concello de Pontevedra. Así o determinou a Xunta de Goberno deste luns que aprobou unha prórroga.
De cada liquidación tributaria en vía de prema, como os pagos da viñeta de vehículos, a empresa quédase con 18,5% do diñeiro ingresado polos cidadáns. No caso das multas por vía executiva esta cantidade ascende ata o 27%. Todo iso ata ese tope máximo de 900.000 euros ao ano. A empresa é a que acode á vía xudicial para defender os intereses do Concello en calquera reclamación.
Por outra banda, o Goberno local tamén adxudicou o servizo de responsabilidade e coordinación en materia de seguridade e saúde e prevención de riscos laborais nas obras de titularidade municipal.
O concurso adxudicouse en dous lotes a asínalas Enxeñería de Xestión e Seguridade ( IGS) e á empresa especialista en técnicas de prevención de riscos laborais TEPRIL. Estas firmas facturarán o 0’41% e o 0’15%, respectivamente, do importe da execución material da obra que teñan que supervisar.
"A empresa que vela pola seguridade e saúde laboral non pode ser coincidente coa que realiza as obras" explica o portavoz do Goberno municipal, Raimundo González, e por elo é que Xunta de Goberno local ven de adxudicar esta contratación na que o crédito que se lle asigna a cada unha das empresas adxudicatarias non pode exceder de 30.000 euros ao ano. Os contratos adxudicados teñen unha vixencia de dous anos cunha posíbel prórroga dun ano.