Noite entre pupitres contra a Lei Wert
Por Mónica Patxot
Ás 10.00 horas deste sábado remataba no instituto Gonzalo Torrente Ballester un encerro reivindicativo de 17 horas. Alumnos, pais, profesores e a comunidade educativa en xeral secundaron unha convocatoria que serviu para pechar o ciclo de protestas organizadas nas últimas semanas por todo Galicia Galicia en contra da nova Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE) que o Goberno quere aprobar.
Convocados pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, os asistentes pasaron a noite entre os muros do instituto para denunciar que a aprobación desta Lei Orgánica retrotrae 30 anos á educación pública.
O encerro prolongouse entre as 17.00 horas deste venres e as 10.00 horas deste sábado e no transcurso deste os participantes leron un manifesto no que denunciaron, entre outras cuesiones, que "van ampliarse os concertos educativos e legaliza o acordo con aqueles centros, case todos do OPUS, que segregan ou alumnado por sexo".
A noite tamén sorprendeu nas aulas á comunidade educativa do colexio de Educación Infantil e Primaria Isidora Riestra da Seca, en Poio, en protesta contra a Lei Wert. Neste caso, o encerro comezou dúas horas máis tarde, ás 19.00 horas, organizado pola Federación Provincial de Pais e Nais de Alumnos de Pontevedra e a Plataforma en Defensa do Ensino Público, pero concluíu antes, a media noite.
A súa protesta convocouse coa finalidade de "esixir a retirada da LOMCE e a apertura dun proceso de diálogo con toda a comunidade escolar" que permita botase abaixo unha norma que califcan de "contrarreforma ideolóxica e oportunista do Partido Popular. Unha lei que consegue o rexeitamento de toda a comunidade educativa e que o propio Consello de Estado cuestiona".
Para darlle un ambiente máis lúdico ao encerro, no IES pontevedrés proxectáronse dous documentais e no CEIP de Poio realizouse unha solta de globos.