Natureza e gastronomía, principais atractivos para converter ao interior das Rías Baixas nun destino turístico de moda
Por Oskar Viéitez
Os concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis e Portas celebraron unha segunda xuntanza para darlle pulo á idea de traballar nun proxecto común que impulse o turismo na comarca.
A Casa da Cultura de Cuntis acolleu este encontro que serviu para que estes concellos constitúan unha asociación de municipios.
Esta proposta segue aberta áincorporación de máis concellos veciños co obxectivo de facer da comarca un destino máis atractivo para o turista e polo tanto, consigan retelo un maior número de días.
Para este cometido, proxéctanse unha serie de pautas a seguir que comezan coa procura dunha forma xurídica baixo a que asociarse ou a creación dunha marca que os agrupe.
O turismo de natureza e a gastronomía son os principais atractivos cos que esta agrupación de concellos quere converter o interior das Rías Baixas nun novo destino de moda.