Acordo para baixar o prezo do autobús da liña Monte Porreiro - Pontevedra
Por Clara Alonso & Mónica Patxot
Este martes 27 de marzo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernádez Lores, asinou no Concello a regulación das bases do novo convenio coa empresa de autocares Rías Baixas, que consistirá na subvención de viaxes en autobús para aquelas personas que fan uso do servicio a diario.
O proxecto supón o financiamento de ata 0,50 euros por desplazamento para os usuarios asiduos da liña Monte Porreiro - Pontevedra. A reducción terá lugar a partir da viaxe número doce, primando o uso masivo, polo que cantos máis recorridos se realicen, menor será o prezo. A propia empresa, Rías Baixas, ofrece una rebaixa a maiores para os clientes máis frecuentes.
A finalidade do convenio baséase en fomentar o uso do transporte público. "Canta máis xente use o autobús, menos coches particulares se utilizan" afirmou Lores, continuando na liña de reducir o uso do vehículo privado na cidade.
A duración da subvención será dun ano máis outro de prórroga, posto que se vai implantar en Pontevedra o Plan de Transporte Público da Xunta de Galicia para que os cidadáns poidan gozar das súas vantaxes en distintas liñas.
Relacionadas:
-
O PSOE pide ao goberno local unha reunión en setembro para falar do autobús a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen melloras no transporte público a Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira cualifica como "miseria" os cartos destinados polo Concello á liña de bus a Monte Porreiro
Por Redacción |