O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros
Por Redacción
Tino Fernández, portavoz do grupo municipal socialista, emitiu un comunicado lamentando as declaracións do alcalde de Pontevedra en relación coa xestión dos composteiros. O representante do PSOE lémbralle a Fernández Lores que a súa obrigación é xestionar o mandato traballando e non "facerse a vítima".
Sinala que ao goberno local sóbralle prepotencia e fáltalle capacidade para dialogar e buscar o consenso coas demais forzas políticas e cos propios veciños. Neste sentido, utiliza o exemplo de Mollabao, Monte Porreiro, Lourizán, Cerponzóns, Verducido ou Eduardo Pondal como zonas nas que existe distanciamento entre a cidadanía e o equipo de Fernández Lores. "Os culpables dos problemas están dentro do goberno", afirmou o portavoz socialista.
Tamén utiliza o exemplo de que o Concello de Pontevedra deixará de ingresar ao redor de 600.000 euros porque non se puxo en funcionamento a ordenanza de telefonía móbil proposta polo PSOE en 2016. Tino Fernández asegura que os que están "a poñer paus nas rodas" son os integrantes do goberno local co seu alcalde á cabeza. Recomenda, por último, a Lores que se deixe de lamentacións e dedíquese a gobernar.
Relacionadas:
-
Veciños de Eduardo Pondal e Ponte Boleira paralizan durante dúas horas a instalación dos composteiros
Por Anxo Lourido |
-
Jacobo Moreira: "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales"
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias
Por Anxo Lourido |
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción |
-
Unanimidade ante a proposta do PSOE de cobrar unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Redacción |