Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción
A tensión veciñal derivada das ubicacións elixidas para a instalación de composteiros comunitarios en distintos puntos de Pontevedra segue a medrar. Solventadas as discrepancias xeradas arredor deste servizon o barrio de Monte Porreiro, nas últimas semanas xurdiron dúas posturas enfrontadas na contorna de Eduardo Pondal, con veciños partidarios e detractores da súa instalación. Agora acaba de xerarse un movimento contrario na rúa Ponte Boleira, onde unha empresa leva varios días traballando para preparar o espazo.
O composteiro comunitario que se está a instalar en Ponte Boleira é un dos tres proxectados para este barrio da cidade, xunto aos das rúas Eduardo Pondal e Camiño de Ferro. Neste caso, os veciños que elevan a voz en contra da súa instalación son os residentes no edifcio Azorín, que se amosan "favorables" á compostaxe, pero consideran "moi desafortunada e inadmisible" a ubicación deste composteiro pola súa proximidade ao portal número 3 do edificio, entre esta construcción e o parque do río dos Gafos.
A comunidade de propietarios deste edificio con varios portais manifesta a súa "disconformidade e oposición" á instalación no lugar elixido e tamén a súa queixa porque "non foi advertida en ningún momento polo Concello de Pontevedra da colocación deste composteiro".
"Consideramos que, dada a proximidade ao edificio que ocupamos, debiamos ser informados e consultados previamente, co gallo de expoñer a nosa posición ao respecto", insisten os veciños a través dun comunicado asinado pola presidenta da comunidade de propietarios en nome de todos os veciños.
Esta comunidade insiste na súa oposición firme á ubicación elixida polo Concello "sen información previa aos veciños" e anuncia a solicitude dunha reunión urxente coa concelleira de Servizos, Carmen da Silva, "para decidir conxuntamente o mellor emprazamento para o composteiro que dea servizo tanto ós veciños do noso edificio coma ó conxunto de veciños do Gorgullón".
Os veciños propoñen que o composteiro se sitúe nun punto máis afastado das propiedades habitadas "polos evidentes riscos e prexuízos" que supón a súa ubicación tan preto do edificio. Relatan, entre outros, a proliferación de insectos e roedores, cheiros desagradables, desvalorización das propiedades e feísmo urbanístico ao situarse na entrada ao paseo do río Gafos.
Relacionadas:
-
Veciños de Eduardo Pondal e Ponte Boleira paralizan durante dúas horas a instalación dos composteiros
Por Anxo Lourido |
-
Da Silva acusa ao PP de organizar un "ataque coordinado" para "boicotear" a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O curso de "mestre composteiro" convértese en título propio da Universidade de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Jacobo Moreira: "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales"
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias
Por Anxo Lourido |
-
O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros
Por Redacción |
-
Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción |
-
O Concello contratará persoal propio para avanzar no despregue da compostaxe
Por Redacción |
-
Veciños contra o composteiro de Eduardo Pondal: "Que digan la gente que no lo ha pedido"
Por Natalia Puga & Clara Alonso |
-
300 sinaturas en contra do composteiro de Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Lores ve "intereses políticos" nas "tensións sociais" que provoca a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Unha comisión supervisará a instalación de composteiros comunitarios en Monte Porreiro
Por Redacción |