O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias
Por Anxo Lourido
O goberno local de Pontevedra mantén que o Partido Popular se atopa tras as protestas contra a instalación de composteios comunitarios. As últimas rexistráronse en Punta Boleira ante a creación dun destes servizos fronte a un edificio.
Raimundo González, portavoz do goberno de Pontevedra, indicaba que o PP xa manifestou a súa oposición "real e efectiva" á compostaxe e que mesmo tentou relacionalo coa ilegalidade das instalacións.
O portavoz municipal sinalaba que espera que os cidadáns de "boa fe", que agora están a mostrar a súa oposición a este plan, vexan que as centrais de compostaxe non causan molestias.
Ademais, incide en que é necesario que a cidadanía se comprometa a rexenerar residuos orgánicos. Unha medida á que, lembrou, obrigará a Unión Europea esixindo que en 2020 se recicle o 50% destes residuos, unha cifra que aumentará ao 65% no 2030.
Relacionadas:
-
Contratan por 178.000 euros a instalación de 18 novos centros de compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra inicia os trámites para contratar catro persoas para os composteiros
Por Redacción |
-
Da Silva acusa ao PP de organizar un "ataque coordinado" para "boicotear" a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O curso de "mestre composteiro" convértese en título propio da Universidade de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Jacobo Moreira: "Nosotros no creemos en los composteiros comunitarios, creemos en los individuales"
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros
Por Redacción |
-
Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción |
-
300 sinaturas en contra do composteiro de Eduardo Pondal
Por Redacción |