Piden unha mellora da seguridade viaria no acceso a Monte Porreiro
Por Redacción
A asociación Pedaladas elaborou un informe para entregarlle ao Concello de Pontevedra e a Xunta para que baixo custo se mellore o itinerario da praia fluvial, Monte Porreiro, San Benitiño de Lérez, Médico Ballina, Camiño de Santiago e Marismas de Alba.
Indican que existen carencias de seguridade e accesibilidade, ao non existir separadores físicos que provocan que os vehículos invadan o carril bici cando circulan a altas velocidades. Sinalan que a pintura borrouse e resulta moi difícil diferenciar a vía ciclista e peonil da calzada cando chove ou en horarios nocturnos.
Na rotonda coa PO-223 interrómpese o carril bici, indican os integrantes de Pedaladas. Afirman que incumpre a normativa de accesibilidade.
Sinalan que na N-550 resulta imposible de cruzar ao final do carril bici. Ademais falta por completarse o acceso ciclista desde a praia fluvial ata Monte Porreiro.
Desde este colectivo reclaman ao Concello de Pontevedra a instalación de balizas e repintar o carril bici. Sinalizar a beirarrúa menos utilizada por peóns como espazo compartido desde a praia fluvial ata Monte Porreiro para mellorar a accesibilidade e permitir unha futura conexión coa UNED e cos colexios da zona.
Ademais, piden á Xunta de Galicia que complete a vía ciclista na rotonda da PO-223 e a Fomento esíxenlle un cruzamento seguro da N-550.
Relacionadas:
-
Lérez terá tres novos pasos de peóns con semáforos na N-550
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra celebra este domingo a familiar pedalada popular
-
Pedaladas organiza dúas saídas familiares en bicicleta
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas alega ao proxecto da PO-308 por non conter medidas de seguridade viaria para ciclista
Por Oskar Viéitez |