Luís Villares asegura que a contratación da Brilat para vixiar os montes é "absolutamente ineficiente"
Por Oskar Viéitez
O voceiro de En Marea, Luís Villares, anunciou que no pleno da vindeira semana o seu grupo parlamentario preguntará canto se gasta realmente na Operación Centinela Gallego na que participan efectivos do Exército de Terra, con patrullas da Brigada GALICIA VII (BRILAT), e da Armada, con patrullas do Terzo Norte de Infantería de Mariña que contribúen á vixilancia e prevención de incendios forestais na comunidade autónoma.
Neste sentido Luís Villares asegurou que a contratación do exército nas labores de vixilancia é "absolutamente ineficiente" xa que segundo os datos avalados polo propio exército, deron aviso de 270 lumes na última campaña que é o que de forma ordinaria poden facer o servizo de defensa e prevención contra incendios forestais en tan só 2 días.
"O monte galego non se vixía con metralletas senón con ordenación territorial, con prevención, con silvicultura e cuns profesionais formados" declarou Villares.
O voceiro de En Marea lembrou que na súa comparecencia deste luns que o fiscal superior de Xustiza de Galicia negou unha vez máis a existencia de tramas incendiarias "e moito menos terrorismo incendiario do que Feijóo botou man para agochar a súa propia incompetencia", dixo Villares.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas enviará unha carta a toda a veciñanza identificando as fincas en faixa de protección forestal
Por Redacción |
-
A Brilat organiza unhas manobras internacionais para executar misións de combate en zonas de bosque
Por Oskar Viéitez |
-
A Brilat conclúe a misión de vixilancia nos montes
Por Redacción |
-
Máis de 240.000 quilómetros percorridos e 81 avisos, balance do primeiro mes da loita da Brilat contra os incendios
Por Redacción |