O saneamento de Baltar no Plan de investimentos da Deputación
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que unha das obras que incluirá no Plan de Investimentos que a Deputación aprobou para os Concellos da provincia é o Colector Baltar Xustáns, que contempla a instalación dun colector na marxe da estrada de Xustáns entre Baltar e a entrada do lugar de Sobreiro, onde xa existe a rede de alcantarillado.
Con esta actuación o lugar de Baltar quedará xa conectado coa EDAR de Xustáns, que actualmente depura as augas dos lugares de Sobreiro e Chan do Casal, e que con esta actuación dará servizo tamén ao lugar de Baltar.
Precisamente o alcalde de Ponte Caldelas encargou aos servizos técnicos municipais comprobar a capacidade da EDAR de Xustáns. A propia empresa que instalou a depuradora verificou que esa EDAR está dimensionada para unha poboación de 600 habitantes que é superior á de toda a parroquia de Xustáns; polo tanto non existe problema algún para que este colector de Baltar se conecte a esa rede. No futuro tamén se vai a estudar a instalación da rede de saneamiento en Aluncía para conectar tamén a esta EDAR.
No lugar de Baltar o Concello acometió en 2011 unha primeira fase da rede de saneamiento coa instalación de 1.500 m.l. de colectores investindo un total de 110.000 euros. Agora coa construción deste novo colector, conectarase esta rede de colectores xa instalada coa EDAR de Xustáns, o que permitirá que un número importante de vivendas poidan dispoñer do servizo de alcantarillado.
O investimento neste colector entre Baltar e Sobreiro ascenderá a 87.600 euros. En total trátase de instalar 1.000 m. l. de colectores na marxe da estrada provincial A Reigosa - Xustáns.
A idea do alcalde é no futuro continuar coa rede secundaria de colectores no interior do lugar de Baltar, para conseguir con iso que en anos sucesivos todas ás vivendas poidan ir incorporándose paulatinamente á rede de alcantarillado. O núcleo de Baltar, da parroquia de Xustáns, ten unha poboación en torno a 170 habitantes e 70 vivendas.