O Concello levará a cabo unha restauración de arborado en Baltar e Vicaño
Por Redacción
A concellería de medio ambiente do Concello de Sanxenxo levará a cabo unha restauración de arborado nos parques de Vicaño e Baltar.
A actuación consistirá na tala de árbores que na actualizade presentan un perigo tanto persoal como material nas zonas, co obxectivo de garantir sobre todo a seguridade dos usuarios, tal e como apuntan os informes dos técnicos da área. Logo desa tala levarase a cabo unha replantación de diferentes especies como castiñeiros, cerdeiras ou carballos.
Na área recreativa de Baltar é preciso realizar unha intervención urxente para cortar unha serie de árbores. Esta zona é moi concorrida debido á súa situación, pois está preto do instituto de educación secundaria, dunha zona residencial e dunha zona deportiva, composta por campos de fútbol e piscina municipal. Ademais tamén hai unha zona de aparcamento e un vial.
Dende a concellería considerouse que determinados árbores do parque provocan caídas de piñas, de ramas ou dos propios árbores en si. É por iso que despois de talar estes árbores levarase a cabo unha replantación de 35 novos exemplares.
O parque público de Vicaño está formado por unha zona de ocio infantil, unha área biosaudable, unha zona de paseo e lecer e unha zona onde se instala un quiosco cafetería en temporada estival.
O arborado desta zona está composto por diferentes especies entre as que atopamos acacias, eucaliptos, piñeiros, loureiros ou carballos, entre outras. No caso dos piñeiros, algúns presentan perigo pola súa situación e estado e outros están secos e con ataques de fungos que provocan un deterioro avanzado. É por iso que neste parque se replantarán aproximadamente medio centenar de árbores.
Relacionadas:
-
O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero |
-
24 plátanos do parque da Panadeira serán trasplantados e 30 piñeiros de Baltar serán tallados
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG cualifica de "desproporcionada e irresponsable" a talla de árbores en Punta Vicaño
Por Oskar Viéitez |