Preguntarán ao conselleiro de Política Social sobre as carencias na residencia de Campolongo
Por Redacción
O comité de empresa do centro de maiores de Campolongo leva desde 2015 denunciando unha serie de deficiencias que se detectan nesta residencia destinada á terceira idade.
Indican que ademais de presentar un escrito ante a Fiscalía queren manter contacto cos diferentes grupos parlamentarios ante o silencio ás súas demandas por parte da Consellería de Política Social.
Este venres, o deputado do BNG Luís Bará mantiña un encontro con representantes do comité de empresa no propio centro. Alí manifestáronlle as carencias que leva sufrindo este espazo durante os últimos anos con ausencia de tomas de aspiración e de osíxeno nas habitacións para persoas asistidas, falta de enfermería, insuficiencia de ascensores, comedores e salas de estar, ademais de problemas de acceso a diferentes estancias do edificio.
Os representantes sindicais reclaman tamén que se contraten dúas persoas para enfermería, cinco auxiliares de enfermería e unha persoa encargada da cociña.
O BNG reclamará solucións inmediatas á Xunta de Galicia e, neste sentido, Bará anunciou que no pleno da próxima semana realizaráselle unha pregunta ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, sobre as demandas que existen por usuarios e persoal desta residencia.
Relacionadas:
-
O persoal da residencia de maiores de Campolongo volve protestar ante o abandono por parte da Xunta
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Persoal do centro de maiores de Campolongo recollerá sinaturas ante a situación de precariedade do servizo
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Política Social compromete melloras para a residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
Lores ve "razoables" as demandas dos traballadores da residencia de Campolongo
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
En Marea leva ao Parlamento a necesidade de medidas urxentes na residencia de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento as demandas do comité de empresa da residencia de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian deficiencias e falta de persoal no Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción |