Escrache canino á concelleira de Medio Ambiente de Marín
Por Redacción
O anuncio do Concello de Marín de que as persoas que leven aos seus cans á praia poderán ser sancionadas con multas de ata 750 euros indignou aos propietarios de mascotas do municipio. Despois de que o venres 26 realizasen unha protesta ante a baixada á praia de Portocelo, para este mércores 1 de maio convocaron unha nova concentración, neste caso ante a Casa Consistorial e dirixida á concelleira de Medio, Marián Samartín.
Este particular escrache canino está convocado para para as 12.00 horas deste mércores. A organización está a realizarse dende o anonimato e fan un chamamento a que todos os asistentes o fagan acompañados das súas mascotas.
Esta situación provocou un movemento de protesta nas redes sociais ao que se sumaron colectivos como a Protectora Os Palleiros e o Refuxio de Animais de Cambados.