Os estudantes alertan de que a crise alimenta o racismo
Por Oskar Viéitez
Segundo afirmou Francisco Raigón, técnico de proxectos de Asemblea de Cooperación pola Paz, "la lacra del racismo preocupa ahora más que nunca", e é que coa crise uno dos "efectos colaterales" que se detectaron "es que veamos en Galicia actitudes racistas que antes no se veían".
"Llevamos un empeoramiento en esta problemática en los últimos años y es fundamental seguir esforzándonos en trabajar para combatir esta lacra y evitar los estereotipos que se están generando desde una sociedad que lo está pasando muy mal por la crisis", apuntou este técnico, "tenemos que redoblar nuestros esfuerzos".
Coincidindo co Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre Xeracións o IES Gonzalo Torrente Ballester ratificou este luns a súa adhesión á rede internacional Escolas sen Racismo, da que xa forman parte máis de 500 centros educativos de toda Europa.
A Asemblea de Cooperación pola Paz é unha das ONGs que xunto a Asociación galega de reporteiros solidarios (AGARESO) colabora neste movemento europeo Escolas sen Racismo, e en Pontevedra levan varios meses traballando co alumnado do Instituto de ensino secundario Torrente Ballester, o "quinto instituto" nunha iniciativa de comunicación para o desenvolvemento mediante obradoiros de radio e televisión.
Concretamente realizaron grabacións con compañeiros do instituto que utilizan cadeira de rodas, tamén se desprazaron a Monteporreiro para gravar con mozos da Fundación Secretariado Xitano.
O obxectivo final foi a gravación dun programa centrado na educación en valores, aprendendo durante o proceso a traballar nos diferentes xéneros xornalísticos, o guión ou a montaxe.
Francisco Raigón, técnico de proxectos de Asemblea de Cooperación pola Paz explicou que este proxecto serviu para "derribar las barreras mentales que a veces nos generamos, luchar contra los estereotipos, contra los prejuicios, y en este caso trabajándolo desde los medios de comunicación".
Os estudantes son xornalistas e protagonistas da noticia "lo que hace que se enfrenten al problema de forma diferente", con uns resultados "muy positivos, estamos muy contentos por la respuesta de los alumnos y el trabajo realizado".