A Biciweek chega ao medio natural: volve 'Natureza sobre rodas'
Por Alejandro Espiño
Tres saídas en bicicleta por diversos espazos naturais "para integrar a bicicleta no medio natural". ÿ o que propón a segunda edición do programa Natureza sobre rodas, que impulsa de novo o Concello de Pontevedra. Trátase de saídas cicloturísticas "dirixidas a un público familiar" e coas que se pretende que os pontevedreses "aprendan cousas e coñezan os nosos espazos naturais", segundo o edil de Mobilidade, Miguel Filgueira.
ÿ unha forma de "darlle continuidade á Biciweek", explicou Filgueira. Serán tres saídas (5, 12 e 19 de maio), todas elas de carácter gratuito, nas que poderán participar unhas 40 persoas. Celebraranse entre as once da mañá e as dúas a tarde e o punto de encontro será sempre a Praza de España. Nelas aproveitarase ademais para observar a flora e a fauna destes espazos naturais.
As tres saídas son as seguintes:
Ruta Primeira: Camiños de Salcedo (14 quilómetros)
Puntos principais de interpretación
- Xeoloxía e xeografía. Vías de comunicación e ríos
- O Salgueiral, a ribeira fluvial e a erosión. Embalses e ríos
- O Amieiral, situación actual da Phythophora alni; futuro da especie
- Mamíferos do río. A situación da lontra. Problemática do visón americano.
- Insectos bioindicadores. Calidade das augas
- As libeliñas e as estacións
- As aves riparias
Ruta Segunda: Medio litoral e xunqueira. A Gándara (12 quilómetros)
Puntos principais de interpretación
- As aves invernantes. Migracións e estacións. Lamícolas
- Os ciclos das mareas e adaptacións
- O Camiño de Santiago e as especies invasoras
- Augas doces, salobres e salgadas
- Xuncos e espadainas
- As garzas e garzotas
- Terras fluviais e croios. Paleolítico en Galicia, últimos coñecementos
Ruta Terceira: Medio agrícola e forestal. Ata a enseada de San Simón (18 quilómetros)
Puntos principais de interpretación
- As aves dos prados e a perda de cultivos tradicionais
- A matogueira e os réptiles
- Árbores vellas, leñas e sumideiros de carbono
- A acacia e a mimosa, especies invasoras. Novos coñecementos sobre o seu control
- Escarabellos e gando. Neolítico en Galicia
- O uso do transporte público. Cambio climático
- Os sobreirais. A influencia do mar. O microclima das Rías Baixas
As persoas interesadas en participar nestas saídas deben chamar ao teléfono da Oficina de Medio Ambiente Natural: 986 100 185.