José Manuel González: "Este gerente no ha desempeñado ni está desempeñando ninguna actividad privada"
Por Oskar Viéitez
O gerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), José Manuel González, aproveitou a roda de prensa de Balance de Actividade Asistencial do CHOP para abordar "el tema de la tan manida empresa que el gerente tiene" referíndose ás denuncias contra el como Xerente do Complexo Hospitalario presentadas ante a Fiscalía polo autodenominado Grupo de Traballadores do Hospital de Pontevedra onde solicitan que se investigue si o vínculo do alto cargo coa empresa Plan B Investimentos, da que é apoderado, é incompatible co seu posto.
"Les quiero afirmar y les afirmo que este gerente no ha desempeñado ni está desempeñando ninguna actividad privada, ni muchísimo menos ninguna actividad que tenga que ver con mi cargo actual", dixo o Gerente.
"Nada de casas, nada de inmobiliarias, nada de barbaridades como las que se han dicho"
Como anécdota González sinalou que esta empresa a súa única actividade no tempo que leva constituída foi un investimento de 240 euros nun almacén adicado a produtos agrícolas e de xardinería "por lo tanto, nada de casas, nada de inmobiliarias, nada de barbaridades como las que se han dicho".
O xerente do CHOP, asegurou que non lle consta que Fiscalía abra "ningún tipo de procedimiento ni actuación de ningún tipo" polo que insistiu en que as denuncias teñen "ánimo de causar un daño personal, no me cabe ninguna duda".
Para ilustrar estes argumentos José Manuel González indicou que a súa muller é enfermeira "ganó la oposición hace 22 años, cuando este hospital provincial dependía de la Diputación, desde entonces está en el mismo sitio, en Admisión. Si éste es el trato de favor del que me están acusando, ésta es una muestra de lo que hay".
José Manuel González tamén se referiu ao clima laboral no Complexo Hospitalario de Pontevedra con reiteradas queixas dun numeroso grupo de profesionais polas "arbitrariedades" do xerente criticadas en escritos nos que tamén denuncian "amenazas, coacciones permanentes y miedo".
"Esta Dirección no ha amenazado ni ha coaccionado a nadie"
En primeiro término González afirmou que "creo que escudarse para escribir estos anónimos en el miedo a las represalias no es más que una muestra de esa ignominia y es una falsedad. Esta Dirección no ha amenazado ni ha coaccionado a nadie, las dos únicas propuestas que se han mandado a inspección que salieron de esta Dirección lo fueron en el año 2011 a instancias de la Gerencia de Atención Primaria y por actuaciones de profesionales de aquí con respecto a otros compañeros".
"Yo conozco el malestar de los profesionales, la crisis nos ha hecho tomar medidas de gestión que en algunos casos han sido mejor comprendidas que en otros", e engadiu "la mayoría de los profesionales, afortunadamente, no mezclan ésto con su profesión y los resultados del CHOP lo demuestran. Los resultados asistenciales y económicos tal vez son los mejores de Galicia y esto es obvio que no se logra en un clima laboral de amenazas o amedrentamiento como el que se quiere transmitir".
HISTORIAS CLÍNICAS
Finalmente o xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), José Manuel González dixo non entender a sorpresa causada na opinión pública polo feito de que 22.000 expedientes de historias clínicas de pacientes do CHOP estean almacenados en Fuenlabrada.
"Son todas de pacientes fallecidos", aclaró "sólo se utilizan excepcionalmente" e a empresa ourensana Cogesa Logística S. L. que as custodia faino conforme a unha práctica habitual cando as dependencias do hospital están "colapsadas". O xerente afirmou que esta foi unha mellora adicional do concurso e que se cumpriu "con todas las normas legales y de confidencialidad".
Relacionadas:
-
Piden a Sanidade e a Feijóo o cese "fulminante" do xerente do CHOP polas súas incompatibilidades
Por Alejandro Espiño |
-
A Consellería de Sanidade arquiva o expediente ao xerente do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadores do Hospital "chívanse" á conselleira da mala xestión do xerente
Por Anxo Lourido |
-
A oposición pregunta polas denuncias contra o xerente do CHOP por incumplir a Lei de incompatibilidades
Por Oskar Viéitez |
-
Os médicos do CHOP críticos co xerente denuncian ameazas tras facer públicas as súas queixas
Por Diego Espiño |