A Xunta agarda que os Concellos se sumen voluntariamente a loita contra os incendios
Por Oskar Viéitez
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou este luns, ante os alcaldes dos 28 concellos que conforman o distrito forestal XIX (Pontevedra-Salnés-Caldas-Morrazo), o convenio que permitirá aos municipios poñer en marcha brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os meses de maior risco de lume.
A Xunta agarda que os Concellos se sumen voluntariamente a loita contra os incendios formando brigadas municipais. O convenio "que pon en marcha a Consellería de Medio Rural e do Mar, permitirá a contratación de entre 4 e 6 persoas para cada brigada, tendo en conta que estes equipos humanos e materiais serán subvencionados pola administración autonómica nun 75% ", é dicir, o 25% restante será asumido polos propios municipios.
Segundo se destaca do convenio presentado hoxe, os concellos que se sumen a esta iniciativa comprometeranse a preparar faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido. "Estes traballos consistirán na posta en marcha de roza manual, rareo e eliminación de restos nun mínimo de cinco hectáreas durante os tres meses de operativo destas brigadas, co obxectivo de levar a cabo labores de prevención ", explicou o delegado territorial.
O resto das actuacións das que se farán cargo estes equipos serán labores de vixilancia e extinción.
"ÿ totalmente voluntario haberá alguns Concellos que se sumen e outros que non, pero dende logo son os primeiros interesados sobretodo porque teñen unha competencia municipal en incendios, e para que fagan unha primeira intervención", salientou o Delegado.
Estas brigadas virán a complementar os equipos previstos no operativo de loita contra o lume organizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar, que contará, na provincia de Pontevedra, cos mesmos medios que o ano pasado: 25 brigadas de terra, 2 equipos helitransportados, persoal propio de empresas dedicadas a esta labor e 28 cuadrillas de operarios do Seaga.
Paralelamente a todo este equipo humano, a Consellería de Medio Rural e do Mar está a tramitar dous convenios máis cos concellos da provincia de cara a mellorar a prevención e loita contra o lume.
No encontro estivo tamén presente o xefe territorial de Medio Rural e do Mar de Pontevedra, Gerardo Zugasti, que destacou que "las condiciones de este año son equiparables a las de años anteriores, se habla de un exceso de maleza, pero no hay una gran diferencia respecto a otros años, todo depende de cómo sea la situación atmosférica", concluiu.