Obxectivo: eliminar as raíñas da velutina
Por Redacción
Volve o bo tempo e a praga da avespa velutina, tamén coñecida como asiática, segue espallándose. O grupo de resistencia anti velutina, que se atopa formado por apicultores voluntarios e técnicos do departamento municipal de Medio Ambiente Natural tentan frear este avance perigoso.
Este martes tiña lugar un encontro no Concello de Pontevedra presidido polo concelleiro Alberto Oubiña e coa presenza do coordinador do grupo de voluntarios, José María Domínguez. Ambos sinalaron que a chegada da primavera é o momento en que as raíñas comezan a saír dos niños primarios para libar para, a continuación, construír novos niños. As choivas deste inverno que se prolongaron durante a primavera provocaron un atraso na construción destes niños.
Desde este mes de abril ata xullo instalaranse as trampas seguindo un "mapa" elaborada a partir dos lugares máis sinalados polos avisos recibidos na campaña de 2017 e en zonas próximas ás concas do río ou en zonas onde se atopan colmeas ou árbores como camelias.
Tamén van establecerse contactos con centros públicos e asociacións veciñais para organizar charlas informativas nas que se inste ao combate coa construción de trampas caseiras.
En 2017, este grupo de resistencia retirou máis de 500 niños. Oubiña fixo un chamamento para que se apunten máis voluntarios. Para facelo deberán chamar ao teléfono 986.804.300, extensión 7583 e 7584, do departamento de Medio Natural.
As avespas velutinas son moi perigosas para as hortas e tamén para outras avespas doutras especies e para as abellas. Cada niño conta con máis de 3.000 avespas e ao longo da súa vida pode acoller entre 15.000 e 18.000 velutinas.
O colectivo Vaipolorío está tamén desenvolvendo unha campaña de eliminación na contorna do río dos Gafos no que xa comezaron a caer insectos desta especie invasora nas trampas que se instalaron días atrás.
Relacionadas:
-
Vaipolorío anima a colocar trampas para frear a expansión das velutinas en leiras particulares
Por Manu Otero |
-
Loita sen tregua contra a velutina: retiran 118 niños no rural e 22 no centro en tres meses
Por Redacción |
-
Un enxame de abellas "desorientadas" provoca alarma na Praza do Hospital
Por Alejandro Espiño |
-
A avespa asiática sae do seu letargo invernal, é o momento de actuar
Por Oskar Viéitez |
-
Limpeza de árbores caídas no río Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
Trampas para as velutinas do río dos Gafos
Por Redacción |
-
Charlas para saber actuar contra a avespa asiática
Por Redacción |
-
A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Stop Velutina: "Sen abellas desaparecerían tres cuartas partes dos produtos que comemos"
Por Marisa Ciordia |