A Deputación comprométese a investir 200.000 euros na Vía Verde do Salnés
Por Redacción
A presidenta da Deputación Provincial visitaba este mércores o trazado da Vía Verde do Salnés, acompañada dos alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas, Alberto Varela, Juan Manuel Rey e Víctor Estévez. Será a primeira vía destas características que se poña en marcha en Galicia.
Carmela Silva anunciou o total apoio por parte da institución provincial a esta iniciativa á que se destinarán 200.000 euros dos fondos propios da Deputación, a través dun convenio de colaboración cos concellos.
A máxima responsable política da provincia indicou que se trata dun elemento importante de atracción turística porque, segundo explicou, millóns de persoas móvense polo mundo para percorrer vías verdes a través de espazos que ofrezan cultura e elementos paisaxísticos de interese.
O alcalde de Caldas Juan Manuel Rey indicou que está previsto que as obras desta vía comecen este ano e poñerá en valor o patrimonio de toda a contorna.
O traxecto será de 9 quilómetros, desde Rubiáns, no municipio de Vilagarcía ata a estación de Portas, nunha zona próxima á fábrica da antiga azucreira, pasando por Godos, en Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
As máquinas empezan a traballar no medio dun novo capítulo do "culebrón da Vía Verde do Salnés", que xa dura dous anos
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Deputación esixe á Xunta que cumpra co seu compromiso para executar a vía verde do Salnés
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Pistoletazo de saída para acondicionar a Vía Verde do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Medio Ambiente colaborará na vía verde ferroviaria que unirá Portas, Caldas e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas concretan os trámites para executar a Vía Verde do Salnés
Por Redacción |