A asociación contra o cancro e o CHOP potenciarán a atención aos doentes hospitalizados
Por Oskar Viéitez
O xerente da área sanitaria de Pontevedra, Jose Ramón Gómez, asinou este xoves en Pontevedra coa presidenta Asociación Española contra el Cáncer, Josefa Crespo, dous convenios de colaboración que potenciarán o voluntariado e a atención psicosocial nas áreas de Oncoloxía, Hospitalización a Domicilio e Coidados Paliativos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e o Hospital do Salnés.
A través do programa “Carriño Amable” os voluntarios ofrecerán publicacións de lectura, bebidas e alimentos autorizados polo persoal asistencial, co fin de acadar unha maior calidade de vida para os pacientes oncolóxicos e as súas familias.
Complementariamente, contempla o acompañamento aos doentes e as súas familias aportando apoio persoal e emocional mediante tarefas complementarias ás dos propios profesionais.
O horario de actividade realizaráse de tal xeito que non obstaculice a actividade asistencial hospitalaria, cunha vixencia de luns a venres de 10 a 13:30 horas polas mañás e de 17 a 19 horas os mércores. Dito horario poderá readaptarse ás necesidades que poidan xurdir.
ATENCIÓN PSICOSOCIAL
O segundo dos acordos asinados desenvolverá un modelo de Atención Psicosocial -a través dun equipo de voluntarios- que ofrecerá aos pacientes e profesionais das unidades de Hospitalización a Domicilio e de Coidados Paliativos do CHOP e do Hospital do Salnés un conxunto de dinámicas que faciliten a súa labor diaria no eido da atención aos doentes e as súas familias.
Finalmente, quedou constituida unha comisión mixta de seguemento de ditos acordos de colaboración, que teñen inicialmente unha vixencia dun ano e que poderán renovarse por decisión conxunta entre ambas institucións.
Relacionadas:
-
A asociación contra o cancro de Pontevedra pecha 2017 con 3.109 persoas atendidas e 136.448 euros en investigación
Por Oskar Viéitez |
-
O Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal, preto de chegar a 75.000 pacientes
Por Redacción |
-
Un de cada catro pacientes da área sanitaria ten fígado graxo
Por Redacción |
-
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou o pasado ano a 4.903 mulleres da Boa Vila
Por Redacción |
-
Un programa preventivo do cancro axudou a diagnosticar a 39 novos pacientes
Por Noelia Torres Pintos |