Ana Pontón ve o plan de compostaxe de Pontevedra como unha "referencia" internacional
Un plan "pioneiro" que se converteu nunha "referencia" internacional. Así describiu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o programa posto en marcha en Pontevedra para apostar pola compostaxe comunitaria como fórmula para o tratamento dos residuos orgánicos que se xeran nas cidades.
Durante toda a xornada, Pontón coñeceu os detalles do Plan Revitaliza que impulsa a Deputación de Pontevedra e a súa aplicación práctica na cidade do Lérez, destacando que o balance do traballo realizado ata o momento arroxa datos "esperanzadores".
A dirixente nacionalista celebrou que, un concello gobernado polo BNG, lograse "poñer o foco" nunha das grandes preocupacións que, en materia ambiental, existe en todo o mundo e dar "pasos importantes" coa aprobación de medidas que supoñan un "mellor coidado" do medio natural.
O programa de compostaxe comunitaria de Pontevedra, destacou Ana Pontón, está a producir resultados "espectaculares", algo que vinculou cunha implicación social "moi importante" e unha aposta "decidida" por este sistema de xestión dos residuos orgánicos que supón, engadiu, unha "revolución" en Galicia.
"Sentímonos orgullosos de ter aberto un camiño polo que transitar a partir de agora", sinalou a líder do BNG, que celebrou que Pontevedra, tras converterse en "referente" en todo o mundo co seu modelo de mobilidade urbana, o sexa agora na "xestión sostible dos nosos recursos".
Acompañada en todo momento polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Ana Pontón mantivo un encontro con Carlos Pérez, responsable do Plan Revitaliza, para coñecer o seu contido e o seu grao de execución.
Ademais, visitou os composteiros do campus, o primeiro de España, lembrou Lores, que recicla todos os residuos orgánicos que produce a través da compostaxe. É unha das medidas que o converteron no único de todo o Estado que ten a catalogación oficial de "Green campus (campus verde)".
A revisión que fixo Ana Pontón deste plan concluíu cunha reunión, celebrada no Centro Sur, na que participaron representantes de asociacións de veciños de Eduardo Pondal, Lérez, Monte Porreiro ou Salcedo, lugares onde xa se composta de maneira comunitaria. Tamén estivo a Mancomunidade de Montes de Pontevedra.
Relacionadas:
-
En 2020 os concellos terán que compostar ou recoller os biorresiduos de xeito separado por lei
Por Redacción |
-
O PP forza un pleno extraordinario para "paralizar" o plan de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Haberá una campaña informativa "masiva" para resolver dúbidas sobre a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG pediralle á Xunta que colabore coa Deputación nos seus plans de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira lamenta que Ana Pontón viñera a Pontevedra "a rírse dos veciños"
Por Alejandro Espiño |
-
A sobreaportación nos composteiros de Eduardo Pondal obrigará a poñer máis ou pechalos
Por Oskar Viéitez |
-
Avanza o Plan Revitaliza coa adquisición de novas unidades para a compostaxe comunitaria e individual
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
Contratan por 178.000 euros a instalación de 18 novos centros de compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra inicia os trámites para contratar catro persoas para os composteiros
Por Redacción |