Marea Pontevedra quere que o Concello reactive a negociacion da RPT
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Marea Pontevedra, Carmen Moreira, rexistrou este martes unha moción instando ao goberno local a reactivar a negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) para que os empregados do Concello de Pontevedra "recuperen os dereitos laborais perdidos durante a crise".
Segundo estimacións das centrais sindicais, a perda do poder adquisitivo dos traballadores públicos dende 2010 aproxímase ao 14,5%.
Marea Pontevedra ve nos 18 anos que leva na alcaldía Miguel Anxo Fernández Lores, "unha escaseza de avances en materia laboral e pouca capacidade para acadar acordos e consensos cos traballadores" e citan como exemplo os vinte anos que distan dende a última Relación de Postos de Traballo aprobada e a que na actualidade se está a elaborar.
Marea Pontevedra entende que "os tempos son chegados" para a implantación dun sistema de desenvolvemento da carreira profesional do persoal do Concello, "mediante un conxunto ordenado de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade".
Relacionadas:
-
A negociación colectiva atáscase entre o Concello e os seus funcionarios
Por Alejandro Espiño |
-
O acondicionamento das oficinas municipais de Ferreiros custará outro millón de euros máis
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal do Concello de Pontevedra prepárase para a negociación da estrutura organizativa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Concello adicará 207.000 euros á mellora da nave municipal de Campañó
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Policía Local protestará reducindo servizos en educación vial e violencia de xénero
Por Anxo Lourido |