Ás obras dos campos de fútbol de Campañó e Ponte Sampaio sáenlle 21 candidatos
Por Redacción
Os proxectos de construción dos campos de fútbol de herba sintética de Campañó e Ponte Sampaio xa teñen candidatos. A mesa de contratación do Concello de Pontevedra xa abriu as ofertas ecónomicas presentadas e constatou que 12 empresas presentaron oferta para o campo de Campañó e 9 para o de Ponte Sampaio.
No caso do campo de Campañó o orzamento de licitación é 999.437,36 euros e ten un prazo de execución de 6 meses e presentáronse á licitación: Explotacións medioambientais (cunha proposta económica de 866.400,32 euros), OVIGA (974.000 ), PRACE (965.956,21), Sergonsa (809.417,40), Naturgalia (979.399,41), Alvac (897.416,72), Gómez Crespo (997.887), E.C.Casas - Imesapi (861.415,06), Covsa (937.072,47), Elsamex (895.400 ), Ediserpo (821.711) e O3 - Manuel Novoa Castro (842.325,81).
As ofertas complétanse con outras prestacións como o mantemento das instalacións ou as melloras da obra. No primeiro dos casos, algunhas empresas non ofertan e outras chegan aos 5 anos de mantemento. As melloras consisten na instalación de equipamentos deportivos (valorados en 34.000 euros), máis instalacións deportivas (26.000 euros), instalacións de equipamento (23.000 euros) ou organización (16.500 euros).
O Concello xa dispón do proxecto do novo campo de fútbol de Campañó, que estará nas actuais instalacións de terra, no monte da Tomba. Prevese crear un terreo de xogo de fútbol 11 e dous campos de fútbol-7. A iluminación retirarase até o extremo para aproveitar ao máximo o terreo de xogo. Instalaranse catro vestiarios para deportistas e dous para árbitros. O campo de herba cumprirá os parámetros da Fifa Quality e disporá de bancada, aseos, cantina, almacén e zona de maquinaria.
O campo de Ponte Sampaio ten un orzamento de 1.397.120 euros. As empresas que presentaron oferta son: Explotacións medioambientais (1.175.612,41 euros), OVIGA (1.324.420), PRACE (1.348.919,57), Gómez Crespo (1.395.735), E.C.Casas - Imesapi (1.184.059,35), Covsa (1.391.671,43), Elsamex (1.231.780), Ediserpo (1.163.536) e O3 - Manuel Novoa Castro (1.166.176,23).
As ofertas varían segundo as melloras e o mantemento das instalacións. Sobre as melloras de obra consistentes en máis equipamento deportivo (27.000 euros), melloras nas instalacións (9.000 euros) e a demolición do campo actual (83.000 euros), varían entre as que non as ofertan e as que as ofertan todas (que son a maioría); e sobre o mantemento tamén varía entre os que non ofertan e os que ofertan 3 anos de mantemento, que tamén son a maioría das empresas.
A actuación en Ponte Sampaio é algo máis que a construción dun campo. É a recuperación de 15.000 metros cadrados, de todo o espazo que ocupa a instalación deportiva actual para incorporala á Xunqueira como espazo de lecer e de praia. Para iso o Concello comprou uns terreos de 11.000 metros cadrados próximos ao actual campo por 120.000 euros, onde se construirán as novas instalacións deportivas.
Ambos os dous campos están enmarcados nun convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Deputación Provincial por valor duns 2,4 millóns de euros
Relacionadas:
-
O Concello confía en que Campañó e Ponte Sampaio teñan campo de fútbol novo a finais de ano
Por Alejandro Espiño |
-
Catro empresas deben xustificar a baixa temeraria nas ofertas para os campos de fútbol de Campañó e Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Investimentos de máis de 4 millóns de euros para campos de fútbol, reforma de viais e programas para menores
Por Redacción |
-
Silva e Lores asinan un convenio de 2,4 millóns para financiar dous campos de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |