Fabada e fútbol, éxito asegurado en Marcón
Por Redacción & Mónica Patxot
A Festa da Fabada de Marcón volveu cumprir todas as expectativas e mesmo superalas. Tras o éxito da edición do ano pasado, este martes 1 de maio o club de fútbol Marcón Atlético, organizador do evento, apostara por incrementar o número de racións dispoñibles e practicamente esgotáronse.
A festa, organizada para recadar fondos que permitan ao Marcón Atlético cubrir os seus gastos e chegar a fin de tempada sen débedas, encheu o campo da festa da parroquia e despachou unhas 900 racións de comida, as 300 de paella cociñadas e case todas as 600 de fabada.
Segundo os datos facilitados por Rubén García, responsable de cociñar os pratos, o ano pasado vendéronse unhas 120 racións de paella e este ano preparáronse 300 e ás 14.15 horas esgotáranse.
En canto á fabada, preparáronse unhas 600 e ás 16.00 horas xa se despacharan 550. A partir de aí, o ritmo de venda foi máis lento, pero igualmente seguíronse despachando pratos.
"Un lleno absoluto", valora Rubén García, que considera que "el objetivo está cumplido con creces". De feito, xa empezou a pensar na edición do ano pasado, a número 13 do evento, na que prevén aumentar as racións de paella cociñadas e, ademais, empezan a pensar en incorporar un novo prato ao menú gastronómico: a sobremesa.
Segundo recoñeceu Rubén García, trátase tan só dunha idea que haberá que madurar, pero barallan crear unha sección de sobremesas caseiras, pois "es algo que la gente tambien demanda".
Relacionadas:
-
"Despois de manifestarse o día do traballo, a comer fabada a Marcón!"
Por Natalia Puga & Nacho Fuentes |
-
Marcón pon o menú para este 1 de maio: fabada e paella
-
Éxito en Marcón coa Festa da Fabada
Por Cristina Saiz |
-
Non hai fabada como a de Marcón
Por Alejandro Espiño |
-
Marcón esgota as existencias de fabada para axudar ao seu club de fútbol
Por Diego Torrado |