As mulleres científicas galegas, protagonistas no IES de Ponte Caldelas
Por Redacción
O IES de Ponte Caldelas acolle estes días, ata o 11 de maio, unha exposición divulgativa sobre o labor científico realizado por mulleres galegas que impulsaron a investigación en diversos campos e que lle valeron ser galardoadas, cada unha delas, co Premio María Josefa Wonenburger Planells.
Trátase dunha exposición impulsada por Somos Ponte Caldelas en colaboración do instituto cunha serie de paneis cedidos pola Secretaría Xeral de Igualdade.
A mostra, que por primeira vez exhíbese nun centro educativo, recolle antoloxías biográficas e dos traballos realizados por:
- Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago, medalla de ouro de Física da Real Sociedade Española de Física e Premio Galicia de Investigación Científico-Técnica e Medalla Castelao (galardoada no 2007).
- María Teresa Miras Portugal. Licenciada en Farmacia pola Complutense con Premio Extraordinario Nacional Fin de Carreira no ano 1970, investigadora en bioquímica e bioloxía molecular, neurociencias, famacoloxía molecular, biomediciña e medicña rexerativa (premiada no 2008).
- María S. Soengas González, licenciada en Bioloxía Molecular con Premio Extraordinario pola Universidade Autónoma de Madrid, iniciou un programa de investigación en melanoma na Universidade de Michigan (Estados Unidos) e participa activamente nos máis prestixiosos comités científicos e de asesoramento (galardoada no ano 2009).
- Carmen Navarro Fernández-Balbuena, xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Meixoeiro de Vigo, tomou parte na fundación do Club Español de Neuropatoloxía, pertence á Sociedade Francesa de Neuropatoloxía e á European Confederacion of Neurological Societies e é investigadora principal en 28 proxectos (premiada no 2010).
- Ofelia Rey Castelao, doutora en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago, investigadora principal en 22 proxectos e autora de 11 libros, 77 artigos científicos e 196 capítulos de libros (galardoada no ano 2011).
- María Tarsy Carballas Fernández, doutora en Framacia Cum Laude, licenciada en Química (Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago e diplomada en Edafoloxía pola Universidade de Nancy (Francia) (premiada no ano 2012).
- María José Alonso, licenciada en Farmacia e doutora pola Universidade de Santiago, formada como investigadora en prestixiosos centros internacionais. Creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomediciña e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas. Figura no noveno posto no ránking mundial do Times Higher Educatin 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía (galardoada no ano 2013).
- Carme García Mateo, enxeñeira de Telecomunicacións é doutora de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid que completou a súa formación universitaria nos Estados Unidos. Colabora con diversas revistas científicas no seu eido e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense, ademais de dirixir numerosos proxectos de investigación e teses doutorais, ter publicados máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais (premiada no ano 2014).
- Isabel Aguirre de Úrcola. Dirixe a Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega e foi responsable do seu grupo de investigación. Actualmente coordina o máster de Arquitectura e Paisaxe da Universidade da Coruña e a USC. Gañou o premio nacional de Arquitectura "Manuel de la Dehesa", varios galardóns internacionais e dirixiu na UIMP varios cursos sobre paisaxe e territorio na Ribeira Sacra (galardoada no ano 2015).
- Peregria Quintela Estévez. Ten o doutorado en Ciencias Matemáticas pola Universidade Autónoma de Madrid e pola Universidade de París VI. Participou en máis de 50 proxectos competitivos de investigación sendo investigadora principal en 34 deles e publicou arredor de 80 traballos na súa área. É impulsora da Rede Española Matemática-Industria da que é presidenta-fundadora (premiada no ano 2016).
- Begoña Vila Costas, licenciada en Física pola USC coa especialidade de Astrofísica pola Universidade da Laguna (Tenerife). É tamén doutora astrofísica pola Universidade de Manchester, marchou a Canadá onde traballou en distintas empresas aeroespaciais. Traballou na NASA e polo seu traballo na Axencia Espacial estadounidense foi merecedora de múltiples recoñecementos e premios entre eles a medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016. Foi premio María Josefa Wonenburguer Planells no ano 2017.
Relacionadas:
-
Ofelia Rey, sobre as mulleres recluídas en conventos: "estamos estudando casos das que quixeron saír e protagonizaron procesos moi difíciles"
Por María José Pita |
-
Begoña Vila, unha científica viguesa na NASA que marca camiño para as futuras astrofísicas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Cinco científicas galegas de renome reivindicarán en Pontevedra un papel destacado da muller na ciencia
Por Redacción |