Así é 'Segue cara adiante', o "debut" musical de Lores
Por Alejandro Espiño
A cea organizada polo BNG no Recinto Feiral de Pontevedra incluíu unha sorpresa musical. Durante o evento estreouse a canción "Segue cara adiante", composta por Gonzalo Maceiras, na que o propio Miguel Anxo Fernández Lores "debuta" como cantante.
Faino acompañado de Mariña, vocalista da banda Furious Monkey House, Cora Sayers, Xaquín Moreda de Maravallada ou un dos grupos que participan nos Cantos de Taberna.
O resultado pódese comprobar nun videoclip gravado pola compañía Producciones Mutantes en espazos emblemáticos de Pontevedra, tanto no centro histórico como no centro da cidade.