O punto limpo da Lama, á vangarda para acoller aparellos electrónicos
Por Redacción
A Lama terá un dos nove puntos limpos que, na provincia de Pontevedra, estará situado á vangarda á hora de acoller aparellos eléctricos e electrónicos.
Será a través dun proxecto da Deputación de Pontevedra que permitirá investir 618.000 euros en melloras nestas nove instalacións, que permitirán incorporar tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos.
O proxecto ESTRAEE busca dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos
A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto no que participan outras catro entidades españolas e dúas portuguesas, considerando que os residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos supoñen un problema polo seu importante contido en metais pesados e substancias tóxicas que, sen tratamento especial, liberan ao medio ambiente.
Ademais da adaptación destes nove puntos limpos, a Deputación redactará ordenanzas municipais comúns sobre a pre-recollida, recollida, preparación para a reutilización e reciclaxe dos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) de orixe doméstica.
Dentro do proxecto tamén se realizará unha análise do ciclo de vida, comparando a reciclaxe e reutilización de diferentes tipoloxías de RAEE para cuantificar os parámetros de sustentabilidade do proceso de reutilización fronte ao de reciclaxe e crearase unha bolsa de recursos e materiais primas secundarias, potenciando a súa saída de xeito áxil e ordenado.
O programa se completa con actividades de divulgación, motivación social e implicación de produtores e fabricantes na estratexia para dar a coñecer a necesidade e utilidade deste proxecto.
Relacionadas:
-
A Deputación leva aos concellos adheridos ao ESTRAEE 'miniecopuntos informativos' onde reciclar móbiles e tablets
Por Redacción |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |
-
O campus impulsa unha nova recollida de aparellos eléctricos e electrónicos
Por Redacción |
-
A Deputación xestiona xa 8,5 millóns de euros de fondos europeos en cinco proxectos
Por Redacción |