O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público
O convenio sobre o transporte metropolitano que a Xunta trasladou aos municipios da comarca o pasado 24 de abril, unha vez analizado, non convence o Concello de Pontevedra, que non entende que se trate dunha "proposta completamente pechada" contradecindo o acordado polo alcalde e o presidente autonómico no seu último encontro.
Por ese motivo Miguel Anxo Fernández Lores enviou este mércores unha carta dirixida á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que lle insta, entre outras cousas, a crear unha comisión técnica bilateral que estude a mellor maneira de mellorar o transporte público contemplando as características e necesidades específicas da comarca.
"O Concello está disposto a financiar o estudo", explicou o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, sinalando que nunha primeira fase estaría composto por dous técnicos municipais e dous da Xunta de Galicia e nunha segunda abriríase á constitución dunha Mesa polo Transporte Público que integraría a profesionais ou ao movemento asociativo da cidade.
Gómez sinalou que a proposta de convenio ten "toda a pinta de ser propostas electorais", que tachou de "parciais" e instou a debater en profundidade "un asunto moi complexo que debería ser tratado sen presa e escapando de calquera tipo de pelexa".
Na misiva enviada polo alcalde da capital, ademais de propoñer un calendario para ir avanzando con paso firme, propóñense unha serie de alternativas a analizar, sumándose ao propio plan de transporte metropolitano, como pode ser estender a solución dada a Monte Porreiro a todas as liñas urbanas, a implantación do transporte urbano municipal, o transporte a demanda ou a integración de autobuses e taxis.
"Non nos pechamos a ningunha alternativa", sinalou o edil pontevedrés, sen querer avanzar que fará o Concello no caso de negativa da Xunta á súa proposta. "Temos que ir paso a paso", reiterou.
Relacionadas:
-
A Xunta descontará o custo do transporte urbano ao Concello se este non asume este servizo voluntariamente
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide ao goberno local unha reunión en setembro para falar do autobús a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Concello plantará á Xunta nunha reunión sobre o plan de transporte pola súa "improvisación"
Por Natalia Puga |
-
Empeza o "traballo de campo" para adaptar o plan de transporte público de Galicia "ás necesidades reais"
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira ve unha "trampa" a comisión técnica proposta polo BNG para o transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra, defraudado co "trágala" da Xunta, quere estudar o plan de transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo, Moraña e Bueu elevan a doce concellos o plan de transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |