Incautan roupa e calzado deportivo falsificado no mercadiño de Portonovo
Por Redacción
13.000 euros. É o valor de mercado, segundo a Garda Civil, da partida de roupa e calzado incautada no mercadiño ambulante de Portonovo, presuntamente falsificada.
Segundo informou o instituto armado, os axentes identificaron un home que estaba en posesión dunha partida de roupa, calzado deportivo e roupa interior masculina, con etiquetas falsas de acreditadas firmas comerciais. Tiña a intención de vendelas no mercadiño.
O material foi achado nun dos vehículos inspeccionados no control despregado pola Garda Civil.
Os axentes comprobaron que o condutor do vehículo carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas.
Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que, xunto coa roupa aprehendida, serán entregadas no xulgado de instrución de garda de Cambados.
Relacionadas:
-
A Garda Civil retira do mercado 2.630 artigos falsificados valorados en 116.604 euros
Por Redacción |
-
Incautan nun bazar de Poio 250 artigos falsificados valorados en 9.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de bolsos e roupa falsificada en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Sacan do mercado roupa, calzado e bolsos falsificados valorados en máis de 10.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta en Vilaboa 350 prendas deportivas e 289 pares de zapatillas falsificadas
Por Redacción |
-
36.000 euros en roupa falsificada requisa a Garda Civil nun control en Sanxenxo
Por Redacción |