Cuntis renovará o alumeado público no rural
Por Redacción
O pleno do Concello de Cuntis aprobaba este luns por unanimidade de todos os grupos o expediente de contratación para a reforma da iluminación pública nas zonas rurais do Concello.
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concede para esta operación unha axuda por importe de 602.904 euros.
A corporación aprobou o inicio do procedemento de adxudicación do contrato de obras e a redacción dos pregos de cláusulas administrativas para a adxudicación do contrato.
Con esta reforma está prevista a mellora de todo o sistema de iluminación do rural cun novo sistema de lámpadas que optimice o consumo de enerxía eléctrica.
Relacionadas:
-
Maica Larriba coñece o novo alumeado eficiente que financiou o Goberno en Cuntis
Por Redacción |
-
Instalacións Eléctricas Terca renovará o alumeado público no rural de Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis cambiará por LED toda a iluminación do campo das Canteiras
Por Redacción |
-
Cuntis mellora a imaxe do casco antigo
Por Redacción |