Ofensiva de Marín contra a avespa velutina
Por Redacción
O Concello de Marín está a traballar na loita contra a avespa velutina ou asiática apostando por dúas medidas diferentes para combatela: a fabricación e aplicación de trampas eléctricas e unha campaña de charlas e repartición de trampas.
Por unha banda, o Concello de Marín e a asociación DEPOLGAL estableceron un acordo co IES Chan do Monte contra a avespa velutina e colaboran na fabricación e aplicación de trampas eléctricas contra as avespas asiáticas.
Os alumnos de primeiro curso da primeira promoción do módulo de FP Básica de Mantenemento de Vivenda, fabricaron de maneira artesanal unhas arpas eléctricas rectangulares cuxos fíos de metal levan unha carga eléctrica.
A separación entre os fíos é de 2 centímetros, para que permita o paso das abellas e outros insectos pero non a das avespas asiáticas, dado que polo seu tamaño tocan os fíos, e ao facelo reciben unha descarga que as deixa aparvada, caendo a un recipiente con auga situada por baixo do arpa no que se afogan ou, elevando a tensión, eliminaraas sen máis.
Isto leva que estes himenópteros non volvan atacar as colmeas e que, por tanto, non regresen aos seus niños co suculento e proteico alimento para as súas larvas. Desta maneira, eliminaranse miles e miles de avespas e, á vez, protexeranse os colmenares en época de verán.
Os apicultores deberán proporcionar unha fonte de alimentación autónoma con placas solares que alimentan cunha corrente eléctrica de entre 600 e 1000 voltios ao arpa eléctrica, suficiente para aparvar á velutina, pero que non supón un risco de xerar faíscas, e por tanto de incendios.
Ao ter disposición de 180 graos, as placas solares garanten a subministración de corrente soamente desde o amencer ata o anoitecer, cando está activa a Vespa Velutina, evitando que durante a noite caian en arpa eléctrica insectos nocturnos.
Doutra banda, son xa miles as avespas capturadas grazas aos voluntarios que repartiron trampas e atrayente a fin de capturar raíñas que saíron da hibernación e inician a construción dos niños primarios. Realizouse a través das charlas impartidas por DEPOLGAL, nas casas de cultura, na Biblioteca e en centros educativos.
Relacionadas:
-
Retiran un niño de velutina de grandes dimensións no recinto do colexio A Laxe
Por Redacción |
-
Un dron para loitar contra a avespa velutina en Marín
Por Redacción |
-
Barro capturou 800 raíñas de velutina no último mes
Por Redacción |
-
A avespa asiática sae do seu letargo invernal, é o momento de actuar
Por Oskar Viéitez |
-
Barro blíndase fronte á vespa velutina, que prolifera coa chegada do bo tempo
Por Redacción |
-
Charlas para saber actuar contra a avespa asiática
Por Redacción |
-
A adquisición dun dron intensifica as actuacións contra a vespa velutina en Marín
Por Redacción |
-
Os técnicos non dan abasto coa avespa velutina
Por Oskar Viéitez |