Unha guía para "que la calle no acabe siendo un territorio donde el automóvil marque sus leyes"
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín
O Pazo provincial acolleu este martes unha xornada técnica de presentación da Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable.
O deputado Uxío Benítez explicou que a guía é un manual técnico, traballado polo departamento provincial de mobilidade e coordinado polo enxeñeiro Fernando Nebot, "que recolle o máis avanzado en materia de tratamento de espazos".
Na xornada explicouse pormenorizadamente como se elaborou esta guía e os seus contidos que agora se poñen en común e que para a Deputación serán referencia e condición indispensable para todos os seus proxectos, do mesmo xeito que sucederá coas iniciativas que os concellos presenten ao Plan DepoRemse.
Uxío Benítez sinalou que é "unha guía moi avanzada" que aspira a ser todo un referente tanto de maneira estatal como internacional.
"É un documento aberto a que se poidan facer achegas e nun futuro poida ser desenvolvido e completado", segundo explicou o deputado nacionalista en consonancia cunha das principais conclusións da guía que di que "non hai solucións universais" nesta materia "e cada técnico ten que adaptar os criterios á hora de deseñar un proxecto".
O enxeñeiro e consultor Fernando Nebot resumiu que con esta guía "lo que se pretende es trasladar una serie de experiencias contrastadas" na súa maioría pontevedresas, na o ámbito da denominada "movilidad amable" para que "el ciudadano recupere y haga suyo el espacio público".
Son recomendacións en aspectos técnicos dirixidas aos profesionais e tamén ás administracións para "recuperar la convivencia de las personas cuando se mueven" e "que la calle no acabe siendo un territorio donde el automóvil marque sus leyes".
Relacionadas:
-
A Lama solicitará a súa inclusión no Plan Deporemse da Deputacion
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide á Deputación que escoite as queixas dos técnicos de ambulancias sobre os lombos
Por Oskar Viéitez |
-
Xornada técnica para presentar a Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable
Por Oskar Viéitez |
-
A guía de "mobilidade amable" da Deputación aspira a converterse nun referente mundial