Cuntis continuará co programa "Habilitas fogar" dirixido a persoas con discapacidade intelectual
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra concedeu o Concello de Cuntis unha axuda para o desenvolvemento do programa "Habilitas fogar" dirixido a persoas con discapacidade intelectual.
É o terceiro ano que a administración provincial concede unha axuda ao desenrolo do programa que os servicios sociais do Concello de Cuntis levan a cabo desde o ano 2008 en colaboración con Protección Civil.
O programa ten por obxectivo atender a persoas con discapacidade intelectual para mellorar o seu grao de autonomía nas actividades básicas da vida diaria, potenciar as capacidades das persoas participantes no seu autocoidado, fomentar o coñecemento da contorna e uso dos recursos comunitarios.
O Plan Concellos da Deputación inclúe unha achega de 11.916 euros ao Concello de Cuntis destinados á terceira edición deste programa "Habilitas fogar 3".
Relacionadas:
-
Cuntis estuda a fórmula para retomar os seus programas Habilitas para a integración de persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Cuntis aspira a ser un referente na mellora da calidade de vida e o coidado aos maiores
Por Redacción |
-
Deputación destina 2,2 millóns a cofinanciar servizos sociais nos concellos
Por Redacción |