Lanzan catro gatiños polo portelo dun coche en Lourido
Por Oskar Viéitez
O colectivo Difusión Felina de Pontevedra denunciou a través da súa páxina de Facebook un novo episodio de malos tratos animais.
Nesta ocasión catro gatitos de apenas mes e medio foron lanzados polo portelo dun coche "como si fueran caramelos en una cabalgata de Reyes Magos".
Segundo explicaron desde a protectora este suceso tivo lugar este xoves o Lourido.
Os animais estaban cheos pulgas e garrapatas e presentaban unha forte diarrea. Nestes momentos as crías están a recibir os coidados dos membros de Difusión Felina, que os poñerán en adopción tan pronto como se recuperen.