Poio axusta a edificabilidade da parcela de Anafáns para que o Sergas amplíe o centro de saúde
Por Oskar Viéitez
A comisión de urbanismo do Concello de Poio, celebrada este martes, abordou a viabilidade da ampliación do centro de saúde de Anafáns aprobándose a proposta exposta en anteproxecto polo Sergas cun pequeno axuste na edificabilidade.
O concelleiro Gregorio Agís asegurou que esta modificación "permitirá a ampliación en máis do dobre da superficie actual".
O edil socialista engadiu que "isto pon de manifesto a manipulación levada a cabo polo PP cando dicía que o Sergas descartaba a ampliación por erros urbanísticos".
Gregorio Agís engadiu que no goberno local "seguimos pensando que Poio necesita un centro de saúde con todos os servizos e non un remendo como o propio xerente do Sergas cualificou a esta proposta".
Pola contra, a portavoz do Partido Popular nesta área, Rocío Cochón, sinalou que a tenor da documentación presentada ante a comisión, na parcela proposta polo Concello para a ampliación de Anafáns "non tiña cabida" o deseño proposto polo Sergas e "por enriba de darse conta un ano tarde o bipartito ocultouno e mentiu ao respecto".
Cochón acusou ao Concello de Poio de ser o causante da "parálise" e apuntou que o plan de mellora de atención primaria da Xunta no que se circunscribe a actuación sobre o centro de Poio inclúe 20 centros noutros tantos concellos, de todas as provincias e con gobernos de todas as cores políticas, "e o único que bloquea a actuación cunha estratexia de enfrontamento é o concello de Poio".
Relacionadas:
-
O Sergas volve propoñer a ampliación do centro de saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |
-
A plataforma de San Salvador ve un "remendo" no proxecto para ampliar o centro de saúde de Anafáns
Por Redacción |
-
Os socialistas alertan da "preocupante" situación da atención primaria na provincia
Por Redacción |
-
Ampliar Anafáns é, de novo, a opción do Sergas para o centro de saúde de Poio
Por Alejandro Espiño |
-
O novo centro de saúde, insiste o Sergas, complica o futuro dos consultorios de Raxó e Combarro
Por Alejandro Espiño |