O Lago de Castiñeiras mellorará a súa imaxe de cara ao verán
Por Redacción
Os presidentes das comunidades de montes de San Xulián e Santomé mantiveron un encontro con representantes do goberno local de Marín para instar á posta en marcha canto antes das obras previstas no Lago de Castiñeiras.
Desta forma, o Concello decidiu que iniciarán as obras antes do verán para asumir a mellora dos valos na parte que corresponde a Marín, deixando á marxe as partes do territorio de Vilaboa e Moaña.
Está previsto que se reparen os valos con madeira tratada, retirando máis de 1.500 metros lineais do valo existente, substituíndoo por pezas novas nos tramos en que faltan ou nos tramos nos que se atopa moi deteriorada. Deixaranse barreiras de paso para vehículos coa idea de facilitar os labores de mantemento da zona.
O Concello ten intención de reparar e instalar novos paneis informativos en diferentes puntos estratéxicos, accesibles e visibles para que os visitantes para coñecer esta paraxe.
Ademais volveranse a establecer dous asadores homologados, que xa foron colocados durante o verán pasado con gran aceptación por parte dos usuarios deste recinto natural.
O Concello de Marín tamén está a tramitar o proxecto para a instalación de dous parques infantís, na zona da comunidade de montes de San Xulián e outra na da comunidade de Santomé. O goberno de María Ramallo indica que se están tramitando as autorizacións e xestionando as subvencións para que se poidan levar a cabo.
Relacionadas:
-
Os comuneiros de San Martiño de Vilaboa lembran á Xunta que debe coidar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Nace a Plataforma SOS Castiñeiras
Por Redacción |
-
Promoven unha campaña para frear o deterioro do parque do lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
En Castiñeiras xa cheira a churrasco
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |