Mayor Zaragoza apadriña o III Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito
O Pazo da Cultura acollerá o terceiro Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito que se desenvolverá entre o 7 e o 9 de xuño deste ano, organizado pola Universidade de Vigo e a CUEMYC.
Este venres, a concelleira Anxos Riveiro e a presidenta do comité local do Congreso, Francisca Fariña, acompañadas pola vogal do comité Ana Acuña, presentaban este importante Congreso, que reunirá en Pontevedra a máis de 200 participantes, que ofrecerán propostas sobre a mediación en campos tan diversos como, entre outros, o penal e penal, familiar, escolar ou social e comunitario.
O congreso estará constituído por sete simposios, cinco mesas de expertos, dez mesas de comunicacións orais e escritas e oito conferencias entre as que destaca a presenza do maxistrado da sección 12 da Audiencia Provincial de Barcelona, Pascual Ortuño e a do vogal do Consello xeral do Poder Xudicial, Álvaro Cuesta. Ademais, está prevista unha entrevista co presidente da Fundación Cultura de Paz e ex director xeral da Unesco, Federico Mayor Zaragoza.
A inscrición para participar neste evento pode realizarse a través de http://mediando.webs.uvigo.es