Os populares critican a "ineficacia" e o "postureo" do goberno bipartito da Deputación
Por Oskar Viéitez & Alejandro Vila de la Fuente
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Elena Muñoz, criticou a "ineficacia" e o "postureo" do goberno bipartito da Deputación de Pontevedra, conformado polo Partido Socialista e o BNG.
Elena Muñoz reprochou ao executivo que preside Carmela Silva que non rendese contas "pasando de puntillas" pola súa responsabilidade de facer balance de xestión dos seus tres anos de mandato. Si o fixeron os populares que este luns en rolda de prensa repasaron a xestión do goberno provincial que, ao seu xuízo, demostra ser "incapaz de gestionar de forma eficaz y eficiente el dinero de todos los pontevedreses".
Segundo Elena Muñoz, a Deputación "ha batido records" o pasado ano 2017 deixando sen executar a metade do orzamento. Ademais lamentou a "lentitud" na eleboración do orzamento e as "partidas genéricas" contidas neste documento "sin escuchar a los concellos ni atender a sus verdaderas necesidades" e citan como exemplo a existencia de "líneas de ayuda sin ejecutar" ou o "fracaso" dunha serie de subvencións destinadas aos municipios como "el plan de proyectos singulares o el plan de montes", citou a deputada do PP.
Para o Partido Popular a Deputación tamén adoece dunha "falta de proyectos de inversión" e lamentan que o bipartito non soubese aproveitar a "herencia" do anterior goberno presidido por Rafael Louzán dándolle continuidade a plans como o de práctica laboral en empresas.
"En definitiva un fracaso", resumiu Elena Muñoz. A portavoz popular asegurou que a consecuencia desta "falta de xestión" é o incremento do diñeiro que queda na "caja" que cifrou en 163 millóns de euros.
RESPOSTA DA DEPUTACIÓN
O deputado provincial Carlos López Font respondeu en nome do goberno provincial á portavoz do Partido Popular afirmando que "la señora Muñoz lo que tiene que hacer es opinar sobre la corrupción que asola su partido y dejar de intentar tapar sus escándalos con acusaciones irrisorias".
Segundo López Font, os deputados populares "no se enteran de nada de lo que pasa", e tachou de "ridículas" as críticas do PP á xestión do goberno provincial enmarcándoas nun "intento vano de falsear la realidad".
Respecto ás críticas do PP á conta xeral de 2017 da Deputación, Font sinalou que "Muñoz tergiversa, distorsiona los datos, aísla las cifras y todo para mentir descaradamente". E asegurou que "el PP gestionaba menos para los ayuntamientos y ejecutaba menos".
Relacionadas:
-
O PP critica os "tres anos de ineficacia e sectarismo" da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O PP denuncia que a Deputación non investiu nas estradas provinciais os 22 millóns de euros prometidos
Por Oskar Viéitez |
-
Cúmprense tres anos desde que os concellos da provincia de Pontevedra "tiveron a sorte de cambiar o goberno da Deputación"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |