Vía libre para a achega de area á praia da Carabuxeira
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo xa conta coa autorización da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar para iniciar a primeira fase da achega de area da praia da Carabuxeira.
O servizo de Costas en Pontevedra remitiu o venres ao Concello esta autorización, que supón dar vía libre a unha fase do proxecto na que está prevista a achega duns 10.000 metros cúbicos de area similar á que xa se depositou en Silgar no ano 2003.
Unha vez construídos os dous diques que evitarán que a praia perda a area polo efecto das mareas e a ondada, procederase ao depósito de 14.000 metros cúbicos máis. Todo será antes do verán do 2019.
O proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira acométeno tres administracións, a local, a autonómica e a estatal. Na repartición de funcións, o Concello vaise encargar da achega de area, que chegará a Sanxenxo en barco desde a costa portuguesa. Depositarase na praia a través dunha tubaxe de 500 metros desde o barco. Posteriormente a area será distribuída con maquinaria a pé de praia.
A intención do goberno é acometer esta primeira fase canto antes para tentar que a praia conte coa nova area prevista este verán.
Antes, hai que cumprir unha serie de requisitos como un estudo relativo ás características da area, un estudo de granulometría e a categoría do material a verter.
Relacionadas:
-
O goberno local de Sanxenxo critica á oposición por non apoiar os seus plans para a praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o proxecto definitivo para A Carabuxeira: 24.500 metros cúbicos de area similar á de Silgar
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere crear 15 quilómetros de novas sendas costeiras entre as rías de Pontevedra e Arousa
Por Redacción |