A praia do Santo contará esta tempada con balizas na zona de baño
Por Redacción
O Concello de Marín comezou a instalar o balizamento nas zonas de baño das praias ante o inminente inicio da tempada de verán.
Nesta ocasión serán máis de 3 os quilómetros de costa que contarán con esta medida de protección, que pretende separar os lugares habilitados para o baño e usados polos cidadáns das zonas polas que poden circular embarcacións pesqueiras ou de recreo, co perigo que poden carrexar para os bañistas.
As balizas chegarán a este ano á praia do Santo, que se sumará aos areais de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, A Coviña e Lapamán, praia compartida con Bueu.
Xunto a estes traballos tamén se comezou a acondicionar a area nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, coa intención de que cando comece o bo tempo os areais atópense xa en perfectas condicións.