Pedaladas relaxa as súas protestas contra a "ordenanza do despacito"
Por Oskar Viéitez
A Asociación Pedaladas aprazou sen data a "Carreira dos 5 qm/h" que convocara para tratar de demostrar o "absurdo" que, ao seu xuízo, resultaría limitar a 5 quilómetros por hora a velocidade de bicicletas e patíns na zona peonil como estuda o Concello de Pontevedra nunha proposta de ordenanza municipal.
"Imos relaxar a mobilización da Masa Critica xa que viñan persoas de concellos limítrofes como Marín e Poio e mesmo Vigo", afirman desde Pedaladas nun comunicado no que apuntan que "ata que o Concello se aclare non imos facer unha mobilización masiva".
Nas últimas horas o Concello lanzou unha "mensaxe de tranquilidade" para asegurar que "esta norma será consensuada", en referencia á que xa se coñece como "a ordenanza do despacito".
Agora esta asociación de ciclistas rebaixa o seu ton inicial no que afirmaba que "Pedaladas agora mesmo está en guerra total co Concello e coa Deputación".
Pedaladas tamén dirixe as súas críticas á Guía elaborada pola Deputación porque "non contén ningunha medida a favor da mobilidade en bicicleta" recomendando "separar" as bicicletas dos peóns e aconsellando prohibir o seu paso destes vehículos de dúas rodas polas beirarrúas xa que "a bicicleta é outra das molestias que se producen nas beirarrúas, tanto cando circula como cando estaciona".
Finalmente Pedaladas apunta que mirando a guía que está redactada polo mesmo enxeñeiro que está a elaborar o borrador de ordenanza e ante a "falta de comunicación dende a morte da mesa pola bicicleta non nos queda outra seguir en guerra, os riscos seguen aí e esta última matización non nos resta preocupación".
Relacionadas:
-
Pedaladas propón restrinxir o estacionamento para os vehículos máis contaminantes
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello pide colaboración cidadá para deseñar a nova ordenanza de mobilidade
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello pide "tranquilidade" ante unha ordenanza de mobilidade que está "en fase de borrador"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pedaladas contesta a Mosquera: "a medida de reducir a 5 km/h a velocidade das bicicletas mataría o seu uso na cidade"
Por Redacción |
-
Pontevedra limitará a 5 km/h a velocidade das bicicletas e skates por zonas peonís
Por Redacción |