RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: Un "speed dating" para conectar a mozos creativos con empresas do sector
Por Redacción
O "speed dating" é unha fórmula que se utiliza para que dúas persoas se coñezan persoalmente nun breve lapso de tempo. Este método é o que se vai a empregar este xoves 31 de maio, a partir das 20 horas na Casa da Luz entre mozos creativos e empresas do sector. Unha proposta que se inclúe entre as iniciativas que leva a cabo o proxecto municipal Pontevedra ten un puntazo.
En PontevedraViva Radio a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías e o Doutor en Comunicación Audiovisual Oswaldo García Crespo, explican como se foi desenvolvendo previamente a actividade.
Desde o Concello traballouse en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo: "foi unha decisión meditada. Nós aspiramos a que todas as persoas que se deciden a estudar en Pontevedra no ámbito creativo, poidan atopar un gancho coas empresas do sector e poidan traballar na cidade e xerar economía", explica Anabel.
'A Canteira' é unha web onde os alumnos soben os seus traballos. "Traballos que teñen o valor de identificación dun talento; que quizá non se poden cualificar de profesional pero teñen unha frescura especial. Por iso consideramos importante contactar empresas con estes alumnos", sinala Oswaldo que se encargou de tutelar un curso cos alumnos da Facultade en novos medios e comunicación dixital "tratando de aproximar o traballo de Ciencias Sociais co Puntazo.
Desenvólvese con gran interese para ter unha visión máis próxima de como funcionan estas empresas e aproximalas".
Relacionadas:
-
RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: A cooperación empresarial e Xeneme
Por Redacción |
-
"Pontevedra ten un puntazo" organiza varios cursos formativos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Pontevedra non deixa "cabos soltos" ante a nova lei de espectáculos
Por Alejandro Espiño & Marisa Ciordia |
-
'O Puntazo' súmase aos novos formatos audiovisuais para elevar de nivel ás empresas pontevedresas
-
RADIO.- Víctor Flores tamén ten un Puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
Próxima cita co Puntazo, centrada nas estratexias de marketing nas industrias culturais
Por Redacción |