Visita oficial ás obras de mellora da estrada PO-235 na Lama
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde da localidade, Jorge Canda, visitou este mércores as obras da primeira fase da mellora na estrada PO-235 que acaba de comezar a executar a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, entre Antas e Seixido, e que contan cun investimento de máis de 450.000 euros.
A actuación adxudicada á empresa Narom S.L, dispón dun prazo de execución de seis meses e consiste no ensanche e mellora desta estrada en varios puntos entre os núcleos de Antas e Seixido, co fin de mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación.
O delegado destacou que este mércores o DOG fai pública a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados por este proxecto, de cara a que se proceda a efectuar o pagamentos dos depósitos aos donos dos terreos expropiados.
A intervención, que conta cun orzamento de 450.000 euros, abarca ao treito entre Antas e Seixido, e conta cun prazo de execución de seis meses.
As obras desta primeira fase comprenden a ampliación transversal de dous pontóns para acadar un ancho de oito metros, o que permitirá ampliar a calzada e dispoñer de beiravías.