Só o 36% dos menores que participan nas actividades das Escolas Deportivas Municipaisde Pontevedra son mozas. Dous terzos dos abandonos destas prácticas deportivas son mulleres. Hai escolas de fútbol ás que lles gustaría contar con nenas, pero é tal a demanda dos nenos, que non poden adicar tempo a ofrecerlles esta posibilidade a elas.
Son todos datos que se extraen da guía "Escolas Deportivas Municipais de Pontevedra: retos para garantir a igualdade".
O estudio e posterior edición dunha guía partíu dun feito: por que había máis nenos que nenas practicando deporte nas EDM. Unha circunstancia que non é exclusiva de Pontevedra.
Con ese punto de partida evidéncianse outras circunstancias como a 'masculinzación'ou 'feminización' de determinadas disciplinas. Por tanto o obxectivo da iniciativa auspiciada polo Concello, é como indica a propia guía: garantir a igualidade de xénero de este sector da poboación na práctica deportiva.
Durante as Conversas na Ferrería expóñense exemplos que desde as escolas e clubs de esgrima, voleibol e judo teñen de esa participación feminina e masculina; que influencias teñen os menores para decantarse por unha práctica concreta; de qué xeito tratan de facela igualitaria; as boas prácticas que xa se aplican en determinados deportes; a influencia que exercen e deberían exercer desde o entorno familiar, os centros educativos e tamén os medios de comunicación.