O Concello comprará terreos para construír un local social en Fentáns
Por Redacción
Unha parcela que ten unhas pequenas ruínas no seu interior. É a proposta que fai o Concello de Cerdedo-Cotobade para dotar ao lugar de Fentáns dun local social.
O goberno municipal activará de xeito inmediato a compravenda destes terreos para que esta zona, limítrofe con Campo Lameiro, poida contar cun espazo axeitado para a realización de eventos e actos socioculturais da veciñanza.
O proxecto xa conta co financiamento inicial, de 31.000 euros, para a adquisición do predio, xa que a partida vén de ser aprobada polo pleno a través dun expediente de modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería do pasado ano.
A folla de ruta do executivo dirixido por Jorge Cubela pasa por pechar esta operación de compravenda e proceder ao acondicionamento da parcela no que resta do presente ano para, xa no vindeiro exercicio, acometer a redacción do proxecto técnico e comezar coas obras de construción do inmoble.
Esta actuación enmárcase no ambicioso Plan de Centros Veciñais 2019, co que o goberno pretende dotar ou rehabilitar todos os locais sociais do territorio de Cotobade na presente lexislatura. Ao longo dos tres anos anteriores realizáronse obras na maioría e agora só restan cinco actuacións para completar o plan.
Así, contémplase a construción deste recinto en Fentáns e doutro en Tenorio, que tamén está pendente da inminente compra da parcela, e as rehabilitacións en Almofrei e na Casa do Emigrante de Carballedo, que xa contan con partidas de 31.000 e 165.000 euros, respectivamente, para efectuarse neste ano.
A derradeira actuación será na Casa do Pobo de Corredoira cando se consiga pechar a súa compravenda coa Administración Xeral do Estado.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade compra a parcela de Fentáns que acollerá a futura Casa do Pobo
Por Redacción |
-
Rehabilitar o novo local social de Filgueira custará 89.000 euros
Por Redacción |
-
O Concello acomete un muro e peche na contorna da Casa do Pobo de Santa María
Por Redacción |
-
Cubela anuncia investimentos por 120.000 euros para Almofrei
Por Redacción |
-
Investimento de 306.000 euros para a rehabilitación dos Baños de San Xusto e o local da Banda de Tenorio
Por Redacción |
-
Acordo co Estado para comprar e rehabilitar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción |