A crise dispara o furtivismo nas rías
Por Oskar Viéitez
O incremento do furtivismo na actividade pesquera na ría de Arousa está vencellado á situación de crise económica, sinalou o patrón maior da illa de Arousa, Manuel Ángel Iglesias.
"Ate hai un tempo parecía que non se notaba moito o furtivismo, pero nun ano para aquí notamos ese repunte", dixo o patrón.
Non está só Iglesias nesta denuncia tamén os patróns das cofradías de mariscadores de Vilanova de Arousa, Evangelina Lago, e de Cambados, Benito González, que cooperan na vixilancia continuada contra os furtivos, atribuíron esa situación á crise económica actual.
Si o furtivismo existe é porque hai quen compra ese marisco
"Non é so o furtivismo dende as propias embarcacións, tamén dende terra veñen co coche e levantan o marisco que estiveron as mulleres sementando pola tarde, estamos tendo serios problemas", apuntou Iglesias.
Si o furtivismo existe é porque hai quen compra ese marisco. Por iso é polo que xunto á vixiancia na costa ou os controis nas estradas son imprescindibles outro tipo de operativos como as inspeccións a restaurantes, depuradoras, cocedeiros, todos os sitios aos que poida chegar o marisco ilegal.
"Desgraciadamente o que sobra é a quen venderlle ou marisco, dende as propias cetáreas que compran sen control sanitario, ata os restauradores, a situación sabemos que é complicada por iso pedimos a administración que nos bote unha man na vixiancia", dixo o patrón da Illa.
O furtivismo non é un problema só das persoas que están extraendo marisco ilegal, senón de toda a rede de comercialización. De feito apuntan que se trata dun "furtivismo organizado, con xente que vixía os vixiantes, non son xente marxinal".
Neste senso, a Deputación de Pontevedra aumentará nos vindeiros presupostos a partida destinada a Axuda de Cofradías e consensuará coa Federación Provincial as bases e os criterios de reparto que deberán primar inversións produtivas concretas de cada cofradía.
se trata dun "furtivismo organizado, con xente que vixía os vixiantes, non son xente marxinal"
O presidente provincial, Rafael Louzán lembrou que, nos últimos catro anos, a Deputación reparteu 4 millóns de euros en axudas ás cofradías da provincia e acometeu melloras e reformas integrais nas de Carril, Portonovo, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa, Vilaxoán, Pontevedra e Raxó, entre outros traballos de menor entidade.
Pero destacou que a reducción de ingresos do Estado á Deputación obrigou a esta a priorizar inversións e axudas, algo que afectou a distintos sectores, a concellos e tamén ás confrarías.